Receitas de Caza

Corzo asado
Enviada por: FGC

Ingredientes:
(para 4 persoas)
· 1 pata de corzo
· 100g de touciño fresco de xamón
· 5 culleradas de aceite cru de boa calidade
· 1 copa de coñac
· 1 cullerada de sal fino
· 1/2kg de coles de Bruselas
· 50g de manteiga
· 1 copa de xerez seco
· 1 caciño de caldo desgrasado
· 1 cullerada de mostaza
· Pementa negra, sal
Elaboración:
Límpase ben a perna e golpéase insistentemente para que perda rixidez. Úntase co sal fino. Rocíase co aceite e o coñac, previamente mesturados, e déixase repousar alo menos 24 horas nun lugar fresco ou na nevera. Sácase e méchase superficialmente con tiriñas de touciño. Colócase na grella do forno, poñendo debaixo un asador para recoller a grasa e o mollo. O forno debe estar ao principio forte, para que se doure ben o corzo. O resto do tempo estará moderado. Tarda 2 horas aproximadamente. Durante ese tempo, rocíase varias veces co aceite e o coñac no que se adobou. Sácase do forno e ponse a "sudar" nunha cazola quente. Régase o asador cun caciño de caldo, xerez, mostaza e pementa negra moída. Sazónase e dáselle un fervor, botando esta salsa por encima da carne. Aparte, pode servirse unha salsa de grosella ou mazá.
As coles cócense abundante por espazo de 25 minutos. Escúrrense coidadosamente, sazónanse e bótaselle por riba a manteiga. Sírvese nunha fonte aparte.