Receitas de Caza |
Enviada por: FGC Ingredientes: (para 4 personas) · 2 arceas. · Touciño. · Fariña. · 2 cullaradas de cebola. · 1 cenoria. · Salsa de tomate. · Unha copa de xerez seco. · Cognac. Elaboración: Sacamos os interiores da arcea e picámolos ben ata ter unha pasta. Envolvemos a arcea no touciño, atándoa con fio e asándoa no forno durante aproximadamente 15 minutos. Retíranse o fio e o touciño e colócase a arcea sobre un anaco de pan, nunha cazola de barro. A arcea deberá quedar sangrante e pouco feita. Recollemos case toda a grasa do touciño que quedou na tixola e mesturámola cunha cullarada rasa de fariña, duas cullaradas de xerez seco e os interiores da arcea. Despois de que fervera durante 5 minutos, pasámolo polo coador; vírtese sobre a arcea e sérvese. Se se prefire a arcea máis tenra e non sangrante, emprégase o mesmo procedemento pero ao metela no forno engádenselle as duas cullaradas de cebola picada e unha cenoria troceada. Aos 15 minutos quítaselle o touciño e engádenselle unha cullarada de fariña, catro de xerez e catro de salsa de tomate. Tápase a cazola e, segundo se vaia consumindo a salsa, váiselle engadindo auga, deixando que se cociñe pouco a pouco. Cando esté tenra a arcea, cóase a salsa e vírtese sobre a arcea. Ao momento de servir rocíase cunha copa de cognac e préndeselle lume. |