Receitas de Caza

Coello con cereixas
Enviada por: FGC

Ingredientes:
  • 1 coello
  • 50 grs. de bacon picado
  • 100 grs. de ciruelas sen óso
  • 12 chalotas enteiras
  • 10 grans de xenebreiro
  • Un pouco de tomiño
  • 50 cc de licor de cereixa para flambexar
  • 150 cc de cervexa
  • 200 cc auga ou caldo
  • Fígados e riles do coello
  • 200 grs. de picotas do Jerte

Elaboración:
Salpimentar as paletiñas e pernas do coello, enfariñalas e douralas. A continuación engadir as ameixas á cazola, xunto cas chalotas, o bacon, o xenebreiro e o tomiño. Flambexar con brandy e engadir a cervexa. Reducir e mollar con auga ou caldo e cocer durante unha hora.

Seguidamente engadir as cereixas e cocer outros 3 minutos máis. Por último saltear o fígado e os riles do coello.