Receitas de Caza

Perdiz á Alcántara
Enviada por: FGC

Ingredientes:
  • 4 Perdices
  • 300 grs. De fígado de pato
  • 2 Cebolas moi picadas
  • 2 Dentes de allo picados
  • 300 grs. De trufas
  • 1,5 Litros de viño oloroso
  • 4 Culleradas de manteiga de porco
  • 1/4 Vaso de aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa

Elaboración:
Quentar o aceite de oliva para sofreír a cebola e o allo; engadir o fígado picado fino, sofreílo e engadir 2/3 das trufas en láminas. Retirar do lume e deixalo enfriar. A continuación limpamos ben as perdices e sazonámolas con sal e pementa. Recheámolas coa farsa de trufas e atámolas con fio de cociña. Seguidamente colocámolas nun recipiente onde quepan sen holgura e cubrímolas co viño. Deixámolas un par de dias na nevera.

Pasado este tempo, retiramos as perdices do viño, secámolas e dourámolas nunha cacerola con manteiga. Quitar o exceso de unto e engadir o viño, un pouco de sal e o resto das trufas enteiras. Cocemos a lume suave ata que estén tenras (aproximadamente unha hora máis). Unha vez feitas, retirar as perdices e as trufas do viño e reservámolas ao calor mentres se reduce o mollo. Cortar o resto das trufas en láminas e incorporalas ao mollo. Cocer ata que reduza e salpimentar ao gusto.

Pódese servir as aves partidas en duas metades sobre pan frito coa sua salsa por riba ou enteiras nunha cazola de barro co mollo da cocción.