Receitas de Caza |
Enviada por: FGC Ingredientes:
Elaboración: Desgranamos as xudías pochas ata conseguir a cantidade necesaria, que poñeremos a cocer na cazola con litro e medio de auga fría aproximadamente, xunto co óso de xamón e a folla de loureiro, procurando que cando comecen a cocer asustar cun pouco de auga para que o seu comezo non seixa brusco e cozan mellor. Collemos as codornices que previamente limparemos perfectamente. Dourámolas lixeiramente nunha tixola con aceite, engadimos o allo, a cebola e o pemento, todo picado finamente e deixamos estofar durante 10 minutos a lume lento. Despois engadimos o tomate pelado e ben picado que deixaremos 5 minutos máis, sempre a lume lento para que non se queime o sofrito. Cando as pochas estén a media cocción engadiremos as codornices co sofrito, sazonando todo debidamente. O conxuto déixase cocer lentamente ata que alcance o punto desexado e o caldo quedara bastante reducido. |