Receitas de Caza

Tórtolas en viño tinto
Enviada por: FGC

Ingredientes:
  • 8 tórtolas
  • 1 cebola
  • 1 cenoria
  • 1 allo porro
  • 1 tomate
  • Loureiro
  • Tomiño
  • Romero
  • 1 dl. de aceite
  • 2 l. de viño tinto
  • 2 l. de caldo

Elaboración:
Limpar as tórtolas e nunha cazola con aceite estofar as tórtolas con cebola, cenoria, o allo porro e o tomate en anacos. Engadir o viño e reducilo a unha terceira parte. Engadir o caldo, o loureiro, o tomiño e o romero e cocer o tempo suficiente para que as tórtolas queden tenras. Cúbrense as tórtolas co mollo unha vez pasado polo chino, dándolles un último fervor. Pódense adornar con espárragos trigueiros champiñóns.