Receitas de Caza

Coello con castañas
Enviada por: FGC

Ingredientes:
  • 1 coello grande
  • 300 gramos de castañas secas (pilongas)
  • 3 dentes de allo
  • 2 tomates
  • 1 vaso de de viño branco para guisar
  • 1 vaso de aceite de oliva (0,4º)
  • 2 follas de loureiro
  • Sal

Elaboración:

Cortar o coello en anacos moi pequenos. Nunha cazola de barro, poñemos o aceite e cando esté quente bótase o coello e déixase rehogar durante uns 5-10 minutos.

Botamos os allos picados á cazola, esperando a que se douren, momento no que engadimos os tomates relados, o viño, as castañas e o loureiro

Cúbrese todo con auga, sálase ao gusto e déixase a fogo lento durante 45-60 minutos ata que a carne e as castañas estén tenras. Removeremos de vez en cando para evitar que se pegue.