Receitas de Caza

Codornices enceboladas
Enviada por: FGC

Ingredientes:
  • 6 Codornices
  • 2 Cebolas medianas
  • 1 Vaso de aceite de oliva virxe extra
  • 1 Vaso de vinagre
  • 1 folla de loureiro
  • 1 Cullerada colmada de perexil picado
  • Pementa negra en grao

Elaboración:

Primeiramente limpamos ben as codornices. Despois pasamos a picar ben as cebolas, as cales debemos sofritir a fogo moi lento nunha cazola ampla

Cando a cebola esté ben sofritida, incorporamos as codornices limpas, o vaso de vinagre, a pementa negra, o perexil e a folla de loureiro.

Deixamos que todo se vaia cociñando a fogo lento ata que as codornices estén tenras e a cebola totalmente cocida. Cando sexa así, estarán listas para servir.