Receitas de Caza

Perdices á cazadora con patacas
Enviada por: FGC

Ingredientes:
  • 4 perdices limpas
  • 200 g de freba de porco
  • 100 g de touciño
  • 3 cebolas picadas
  • 200 g de champiñóns laminados
  • 3 cenorias en anacos
  • 2 follas de loureiro
  • 1 pola de tomiño
  • 1 pola de perexil
  • pementa negra e branca
  • 1/4 l. de viño branco
  • 1/4 l. vinagre de xerez
  • 4 dentes de allo
  • un chorro de aceite de oliva
  • 1 copa de brandy
  • 24 patatas pequenas
  • perexil picado
  • sal

Elaboración:

Nunha cazola poñemos o aceite e o touciño a fritir. Doramos as perdices e botamos o allo picado, as cebolas picadas, a freba e o resto dos ingredientes. Tapamos e deixamos cocer a fogo lento.

Unha vez cocidas, pasamos as perdices a unha fonte e sírvense con patacas fritidas, as ceboletas, cenorias e champiñóns.