Receitas de Caza

Coello á cazadora
Enviada por: FGC

Ingredientes:
(para 4 persoas)
· 2 coellos de 2kg aprox. · 250g de champiñóns · 150g de xamón serrano · 150g de touciño · 2 cebolas · 1 dente de allo · 1 copa de coñac · 1 vaso de aceite de oliva · 1 vasiño de viño branco · 6 rebanadas de pan · Perexil · Pementa en gran · Tomiño · Sal
Elaboración:
Unha vez limpo, córtase o coello en anacos; pártese o touciño e o xamón en taquiños e pícase a cebola. Ponse o aceite nunha tixola, engádese o touciño, o xamón, a cebola picada e o allo; cando está dourados sácanse a un lado. Sazónanse os anacos de coello e frítense na grasa sobrante; unha vez fritidos vanse colocando nunha cazola de barro e rocíanse co coñac e o viño branco.
Destónanse os tomates e quítanse as pepitas, pícanse e bótanse na azola; engádese un pouco de tomiño, pementa, sal e os avíos fritos anteriormente; tápase o guiso e déixase facer durante media hora; 15 minutos antes de retiralo do lume engádense os champiñóns.
Frítese o pan, e cando o coello está feito pásase a unha fonte, empregando pan frito como guarnición.