Receitas de Caza

Faisán ao Oporto
Enviada por: FGC

Ingredientes:
(para 4 persoas)
· 1 faisán · 1/4kg de manteiga de porco · 2 fígados de pato · 1 botella de viño de oporto · 1 dente de allo · 12 trufas
Elaboración:
Límpase o faisán e lávase ben por dentro. Os fígados de pato frítense en manteiga de porco e salpiméntanse, logo pásanse por un pasapurés e resérvase a pasta conseguida. Cócense 4 trufas con un pouco de viño de oporto e mestúranse co foi-gras. Rechéase o faisán con esta mestura e cósese. Logo átanse as ás do faisán ás peitugas para que non se abra durante a cocción.
O dia antes ponse o faisán en adobo durante 24h mínimo, co viño de oporto. Gárdase na nevera para que se perfume e se ablande a carne. Logo salpiméntase e frítese co resto da manteiga de porco, ata que se doure ben por todas partes. Cando esté ben dourado, engádese o oporto ao adobo e as trufas retantes e déixase reducir co viño ata que esté cocido e tenro (a fogo lento).
Sírvese nunha fonte coa salsa, o faisán enteiro e as trufas arredor decorando o prato.