Receitas de Caza

Xabaril con castañas
Enviada por: FGC

Ingredientes:
(4 persoas)
· 2kg de carne de xabaril
· 1kg de castañas
· 5 cebolas
· 5 cenoiras
· 250g de touciño
· 1/2l de viño tinto
· 4 follas de loureiro
· 4 dentes de allo
· Pementa negra
· Pementa de cayena
· Romeu
· Tomiño
· Aceite de oliva e sal
· 1 gran noz de manteiga
· 1 cullerada de fariña
· 1/2l de vinagre

Elaboración:
O dia antes ponse a carne de xabaril (cortada en anacos) en adobo. Ponse nunha gran cazola ou un gran bol con todas as herbas, a pementa de cayena, a pementa negra, os allos, o loureiro e o viño tinto. Déixase na nevera durante 24h mínimo.
Póñense as castañas en remollo durante 2 horas polo menos, facéndolles un corte horizontal na tripa, é dicir, na parte abombada. Transcurrido ese tempo, póñense no forno para que se asen. As cebolas pícanse moi pequenas e resérvanse. O touciño córtase en tiras pequenas. As cebolas e o touciño rehóganse nunha cazola de barro (a fogo lento), ata que se douren.
Logo cóllense os anacos de xabaril do adobo e escúrrense, sécanse ben cun pano de cociña e dóranse ben polos lados. Sácase e pónselle o sal e a pementa engadíndose na cazola onde rehogamos a cebola e o touciño. Tamén se engade a metade do adobo e déixase a fogo lento durante hora e media.
Pélanse as castañas e bótanse ao guiso, deixando que cozan xuntos 1/2h máis. Se a salsa queda demasiado líquida, ponse nunha tixola a manteiga e a fariña (como se fosemos facer bechamel) e logo engádese ao guiso, para que espese.