| |
A tua opinión conta
SERVIZOS WEB |
por Constante Carballo Iglesias
Con este escrito me dirixo a vostedes para denunciar o que está ocorrendo estes últimos anos, polo menos no coto ó que pertenzo, e que supoño se repetirá noutros tecores.
O feito ó que me refiro é a proliferación do tráfico rodado (non me engano) nas zoas de caza; hai domingos que o monte parece a autopista AP9 en hora punta, por calqueira carreiro ou pista aparecen manadas de motos de trial, motos de enduro e quads (teño contado ate 15 á tira), có conseginte risco que esto conleva xa que non respetan nin o mais mínimo o feito de que os cans estean en pleno lance cun coello nin que o cazador estea encarando esperando a saída da peza.
Supoño que a esta xente non lles gustaría que os cazadores nos puxeramos no medio dun circuíto de cross ou de trial a cazar........
Mais dunha vez se lles advertíu amistosamente que non deberían estar nas zoas de caza pola súa seguridade, sendo a súa resposta que eles teñen o mesmo dereito que os cazadores a estar no monte.
Eu pregúntome si xa que pagamos unha licenza de caza á Xunta, non sería posible que a Consellería correspondente tomara cartas no asunto, xa que non só se trata dun problema dos cazadores senon de un problema incluso medioambiental: terían que ver cómo quedan os camiños e as zoas por onde transitan estas motos: valados tirados, arbores coas raíces ó aire, camiños intransitables debido á acción de erosión das rodas que se vé incrementada cando veñen as choivas, dando lugar ó arrastre da terra ás partes baixas do monte.
Sen mais que engadir despídome de vostedes esperando que este escrito que lles mando sirva cando menos como desafogo ante unha situación que considero que non é normal nos nosos montes, e , coa intención de evitar desgracias que se poidan producir pola incompatibilidade entre estes dous deportes, a caza e o motociclismo de monte (por chamarlle de algunha maneira), e por suposto de evitar a degradación que sufre o monte debido á circulación destes vehículos de forma indiscriminada e sen ningún tipo de control.
Saúdos |
|