Enviada por: FGC
Ingredientes:
- 1 lebre
- 100 gr. de manteiga de porco
- 100 gr. de touciño magro
- 400 gr. de cogumelos
- 1/2 litro de caldo de carne
- 1 cullerada de fariña
- 1 vaso de viño branco
- Pementa
- Sal
Elaboraci�n:
Cortamos a lebre en anacos e salpimentámola. Nunha cazola de barro derretemos a manteiga e rehogamos a carne. Retiramos a lebre da cazola e na mesma graxa fritimos o touciño, que deberá estar cortado en cadradiños, xunto coas cebolas e os cogumelos (previamente limpados e cortados en anacos grosos). Rehogamos e espolvoreamos a fariña, intentando que todo quede ben mesturado. Volvemos a botar os anacos de lebre e regamos todo co viño branco. Engadimos o caldo e deixamos cocer durante uns cincuenta minutos, ata comprobar que a carne está perfectamente tenra
|