Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas receitas
Todas as receitas
Enviar unha receita
 
VER RECEITAS DE:
Arcea
Cervo
Codorniz
Coello
Corzo
Faisán
Lebre
Perdiz
Xabaril
Arredor do pucheiro
RECEITAS DE CAZA
Imprimir esta receita

Faisán con mazás
Enviada por: FGC

Ingredientes:
  • Faisán
  • Unha mazá
  • Licor de mazá
  • Unha cebola grande
  • Apio
  • Viño branco
  • Aceite
  • Fariña
  • Pementa
  • Auga
  • Sal

Elaboraci�n:

O primeiro é botar nunha cazola o aceite e quentalo, e nel botamos o faisán coa fariña ata que se dore ben. Cando esté dourado, sacamos o faisán da cazola e, sen retirar o aceite, botamos nel a cebola e o apio para que se rehoguen. Cando estén listos, engadimos a mazá partida en anaquiños pequenos e unha cullerada de fariña.

Xunto con todo isto volvemos a engadir o faisán, tras o cal botamos o viño branco, a agua e o sal. Deixamos que todo ferva e entre en ebulición. Cando sexa así retiramos a espuma creada e baixamos o fogo deixándoo a fogo lento. Mantemos a fogo lento ata comprobar que o faisán está ben feito (debemos ter en conta que se é un faisán de caza tardará algo máis de tempo en facerse).

Cando o faisán esté ben tenro, retirámolo da cazola e trinchámolo. Pasamos o prebe por un coador fino e pasámolo a outra cazola, donde o quentaremos para que se vaia reducindo ata conseguir a consistencia desexada. En caso de que non esté ben de sal, é o momento de rectificar e engadir. Engadimos a carne ao prebe e xa estará listo para ser servido.





Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza