Enviada por: FGC
Ingredientes:
- 4 perdices limpas
- 200 g de freba de porco
- 100 g de touciño
- 3 cebolas picadas
- 200 g de champiñóns laminados
- 3 cenorias en anacos
- 2 follas de loureiro
- 1 pola de tomiño
- 1 pola de perexil
- pementa negra e branca
- 1/4 l. de viño branco
- 1/4 l. vinagre de xerez
- 4 dentes de allo
- un chorro de aceite de oliva
- 1 copa de brandy
- 24 patatas pequenas
- perexil picado
- sal
Elaboraci�n:
Nunha cazola poñemos o aceite e o touciño a fritir. Doramos as perdices e botamos o allo picado, as cebolas picadas, a freba e o resto dos ingredientes. Tapamos e deixamos cocer a fogo lento. Unha vez cocidas, pasamos as perdices a unha fonte e sírvense con patacas fritidas, as ceboletas, cenorias e champiñóns.
|