Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
Cazadores e cans á búsqueda das pezas máis desexadas
Arranca a tempada de caza coa inclusión, un ano máis, de cazadores foráneos nas sociedades locais por non ter cotos
| Amelia Ferreiroa · 21/10/2007

A moitos cazadores non lles chegaba a hora de que comezara a tempada, aínda que xa deron máis dun paseo polos montes da zona. Coas primeiras luces do día, afecionados e cans darán por inciada unha tempada que se presenta boa segundo os presidentes dalgunha sociedade da zona. Para José Antonio Pena Fernández, presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda, os montes non están en óptimas condicións. «Están abandonados, non se limpan como se facía antes e a despoboación é unha realidade. Dende a sociedade fixemos desbroces nalgúns sitios, non en todos onde queriamos pero a nosa asociación é sen ánimo de luvro, e imos traballando nas limpezas de montes segundo como podemos. O ano pasado cazáronse máis de mil coellos nos nosos montes».

A Sociedade de Caza e Pesca de Silleda sementou este ano dez mil quilos de trigo, fixo cortafogos para previr incendios «e para que os coellos puidesen tomar o sol, que tamén o precisan». Os montes de O Candán, Penide, San Sebastián, Piñeiro, Refoxos e Dornelas están limpos, a xuizo da sociedade silledense. «A administración tiña que botar unha man, están os montes deixados da man de Deus». A agrupación de Silleda conta con 620 socios, dos que 31 son foráneos. «Son de Bueu, Rianxo, Vilagarcía e de Vigo; zonas que quedaron sen cotos xa que foron arrasados polos incendios forestais e decidimos deixalos entrar. É certo que levamos anos tendo peticións de cazadores de fóra interesados en formar parte da nosa sociedade. Teño tres, catro chamadas ao día nese senso. Aquí só procuramos facer as cousas ben», salienta Pena Fernández. Os socios desembolsaron nesta tempada 90 euros, e os foráneos 350 euros. Na Sociedade de Caza e Pesca de Lalín o prezo do recibo para esta tempada foi de 140 euros. «Non é caro. É o que se gasta un día de festa cun rapaz nas atracións feirais. Unha persoa que pase unha fin de semán en Zamora cazando sabe do que falo xa que un día só custa 130 euros», matiza o presidente da sociedade lalinense Luis Nistal.

A agrupación ten 850 socios, e tamén acolle a un grupo de 12 cazadores foráneos que se quedaron sen coto onde prácticar o seu deporte favorito. «Sementamos dez mil quilos de centeo e ceibamos nos montes tres mil coellos. As mellores zonas son ás da Rocha, Abeleda, Cruz da Grade e O Carrio».



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza