Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
"Loitei co xabarín corpo a corpo", di o cazador ribadense hospitalizado

Alejandro Jartín foi dado de alta tras sufrir un ataque do animal fai 15 días en Ribadeo

| Isabel García Fernández · 20/11/2016

Alejandro Jartín Pacio, de 36 anos, leva case desde neno practicando a caza. A pesar da súa experiencia, o pasado 5 de novembro, como sinalou este xornal, sufriu feridas graves tras o ataque dun xabaril de 135 quilogramos de peso. Acaba de ser dado de alta, logo de estar hospitalizado once días cunha ferida moi próxima á arteria femoral. O que se descoñecía ata agora é que tivo que pelexar corpo a corpo co animal durante máis de cinco minutos porque quedou sen balas.

"Pensei que me mataba. Xa me ferira na perna e defendinme dándolle golpes tamén co rifle. Non me chegou tirar ao chan, loitei de xeonllos ata que puiden cargar a arma e dispararlle", narra. Quedouse sen munición porque non se decatou de que a consumiu nuns disparos previos disuasorios: "Pasaron dez minutos entre a carga ao aire e o ataque porque o xabarín estaba polo visto agochado e agardando a que me achegara a el", sinala.

Máis que as súas propias feridas, dóenlle as que sufriu a súa fiel cadela Casi

Atopábase preto da Fonte do Valín, entre Ove e A Pastoriza, nos montes de Ribadeo, nun lugar entre a maleza de difícil acceso: "O compañeiro que estaba máis próximo estaría a 15 metros pero non me atopaba entre a vexetación", recorda o cazador, que finalmente logrou facerse de novo co seu rifle, cargalo e abater ao animal: "Son tan duros que aínda despois de que me levaran na ambulancia, os compañeiros tiveron que rematalo", matiza.

Este mesmo sábado xa podía andar, pero aínda se está recuperando dunha ferida "na cara posterior lateral do terzo distal do muslo esquerdo, de dez centímetros de profundidade e a un centímetro da arteria femoral", causada polo cabeiro do xabaril. "Non me seccionou ningún tendón, só masa muscular, aínda que me afectou algo a un nervio", especifica o ferido que asegura que en canto poida camiñar con soltura volverá ir de caza. Desa mala experiencia só conservará "os cabeiros do exemplar", como recordo.

Máis que as súas propias feridas, dóenlle as que sufriu a súa fiel cadela Case, un exemplar de oito anos que "entrou primeiro ca min na matogueira a polo xabarín e acabou con graves feridas. De feito, pronto vai afrontar a súa terceira intervención cirúrxica por aquel ataque, pero tamén ela poderá volver ir cazar". O cazador quere expresar o seu máis sincero agradecemento "ao Hospital Veterinario de Tapia".



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza