Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
Ver arquivo de novas
Ver novas por ano
Revista de prensa
Imprimir esta nova
O Goberno vai vixiar as parroquias máis afectadas polo lume
O Comité Policial Antiincendios apunta que unhas duascentas non rexistraron ningún foco nos últimos dez anos ·· Máis da metade dos sinistros concéntranse no 25 por cento do territorio galego
| · 4/4/2010

O Comité Policial Antiincendios acordou esta semana desenvolver unha investigación policial e forestal nas parroquias consideradas como zonas de alto risco de incendios, co obxectivo de analizar a existencia ou non de conflitos ou outras causas que poidan provocar incendios, así como potenciais situacións de risco. A partir dos resultados da investigación avaliarase a posibilidade de establecer zonas de especial vixilancia nas parroquias máis afectadas polos incendios.

Esa foi unha das conclusións do comité desenvolvido esta semana, no que participaron os integrantes do ente, que está composto por representantes da Xunta, da Delegación do Goberno, da Fiscalía de Medio Ambiente e das Forzas e Corpos de Seguridade que operan en Galicia. O comité estivo coordinado polo director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, quen defendeu a necesaria actualización das zonas de alto risco de incendios de Galicia, "buscando sempre a optimización dos medios".

"A casuística ten oscilacións e periodicamente vaise adecuando á realidade", defendeu Fernández Couto, quen explicou que o obxectivo da reunión foi determinar as parroquias con alto risco de incendios, que se fixan analizando os datos dos últimos dez anos. As zonas serán incluídas no plan de defensa contra incendios 2010. Deste xeito, Fernández-Couto sinalou que se pon en marcha unha medida para a investigación sistemática duns incendios que "nunha alta porcentaxe son provocados", recalcou.

As zonas de alto risco, aprobadas por Medio Rural, considéranse prioritarias na aplicación de medidas máis rigorosas de defensa contra os incendios, pola especial frecuencia ou virulencia destes.

Do informe analizado no comité despréndese que preto de 200 parroquias galegas non rexistraron ningún incendio forestal nos últimos dez anos, así como que máis da metade dos lumes concéntranse no 25 por cento do territorio galego.

Despregados tres avións e dez helicópteros

Doutra banda, o Comité Policial Antiincendios abordou na súa xuntanza os resultados alcanzados no que vai de ano na loita contra os incendios, así como o dispositivo posto en funcionamento pola Consellería de Medio Rural, que supuxo o despregamento do persoal fixo e fixo descontinuo, reforzado co funcionamento de tres avións de carga en terra, dez helicópteros de extinción do Executivo autonómico e dous do Goberno central.



Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza