Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XU脥CES
Xornada de unificaci贸n de criterios dos xu铆ces de Rastro de Xabaril
9/4/2012

O pasado sábado 31 de marzo tiña lugar na sede da Federación Galega de Caza unha xornada de unificación de criterios e intercambio de impresións entre os xuíces galegos de rastro de xabaril.

Baixo a coordinación do Delegado Autonómico de Rastro, Manuel Martínez, unha vintena de xuíces das diversas categorías, auxiliares, provinciais, autonómicos e nacionais puxeron en común todas as súas experiencias e suxerencias de cara a mellorar, na medida das posibilidades, a calidade das actuación arbitrais nas diversas probas desta especialidade.

A primeira parte da maña estivo adicada a establecer con claridade, como se ten que marcar o rastro previo a realización da proba. Todos coincidiron na necesidade, sempre que se cumpran as condicións para poder facelo, de marcar un rastro que se asemelle o mais posible as andainas propias dun xabaril durante a noite. E dicir, sinuoso, co menor número posible de tramos rectos. A sinalización do mencionado rastro sempre se ten que facer por diante do animal para evitar “pisar o rastro”, e importante ter en conta as condicións meteorolóxicas, xa que estas poden interferir no “asentamento do rastro”. Para marcar o rastro acordouse  non usar en ningún momento “pinturas” que, independentemente de que puideran ou non interferir no olfacto dos cans, deixarían o monte como un auténtico “arco iris”.

Despois da pausa de rigor, fíxose un exhaustivo repaso do regulamento de cans de rastro, puxéronse sobre a mesa todas aquelas dubidas xurdidas principalmente das diversas interpretacións das normas por parte dos xuíces.
Xa para finalizar esta xornada examináronse os diversos apartados da folla de puntuación, unificando todos aqueles criterios que dunha ou outra maneira tiñan influencia nas puntuacións a conceder.

Durante a xornada tamén se destacou o gran nivel que alcanzou en Galicia este tipo de probas nos últimos tempos, requirindo cada día de un maior esforzo a hora de levalas a cabo, e sendo imprescindible para o bo desenrolo das mesmas que o lugar onde se celebren estas probas de rastro, reúna uns requisitos e condicións mínimas para garantir tanto a labor dos xuíces coma a dos cans e participantes.

O bo ambiente e a boa disposición dos asistentes foron o máis destacado dunha xornada que a xuízo de todos debe repetirse tódolos anos, polo ben do “mundo do rastro”.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORU脩A SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan Jos茅 Canosa e Lidia Almeida campi贸ns provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campi贸n provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con 鈥淩odolfo鈥 ga帽adores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rub茅n G贸mez con 鈥淪il鈥 e o junior Samuel Fern谩ndez con 鈥淛ara鈥 foron os campi贸ns da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza