Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO OURENSE
Iker Cenzual é o novo campión provincial
7/5/2012

Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto

O pasado sábado día 5 de maio, disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores de Nogueira de Ramuín a fase provincial de Ourense de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración de dita sociedade de cazadores.

A cita acudiron un total de 7 participantes que foron xulgados por José María Álvarez Villa e Rubén Boquete Varela, actuando este último como auxiliar.
Rematada a proba, o Director da mesma, Manuel Feijoo Castro, deu a coñecer a clasificación final, sendo o concursante Iker Cenzual Delgado co can “Dardo de la Coplilla” (E.B.M) o gañador provincial cun total de 76 puntos. En segunda posición situouse José Manuel Rodríguez Martínez con “Lex de Barbanza” (S.I.M) e un total de 64 puntos. Con 61 puntos e en terceira posición ubicouse o cazador Antonio Oliveira Pego con “Killer” (S.I.M).

Os dous primeiros clasificados e o cazador Eliseo Faraldo Fernández, conformarán o equipo que representará a provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego da modalidade.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza