Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RRCC PONTEVEDRA
Gabino Villamor foi o campión provincial
19/6/2012

Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza

Na xornada do pasado 17 de xuño, tivo lugar no concello pontevedrés de Tomiño, concretamente no campo de tiro do Club de Tiro Fronteiriñas, o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza de Pontevedra coa colaboración de dito clube de tiro.

Na proba disputada a 100 pratos en 4 campos acudiron un total de 47 tiradores que tentaron escachar o maior número de pratos e así obter a clasificación para o vindeiro campionato autonómico da modalidade que se disputará o vindeiro 1 de xullo no Campo de Tiro Río Sar.

Rematada a proba, tamén puntuable para a Copa Galicia da especialidade, foi o tirador coruñés Antonio Iglesias Otero o que se adxudicou o primeiro posto cun total de 86 pratos. Seguiuno, con 83 pratos, o veterano tirador Gabino Villamor Vázquez que se converteu deste xeito no novo Campión Provincial. Xa en terceira posición situouse o sénior Juan Carlos Costas Pereira con 82 pratos escachados.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza