Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO COELLO
Juan Formoso é o Campión Galego
1/10/2013

Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello

O pasado sábado 28 de setembro disputouse a fase final do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores Coto Suido.

Foi este Tecor Coto Suido o esceario desta XXIII edición do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre coello. Unha xornada marcada pola choiva que dificultou o desenrolo da proba, tanto para xuíces, participantes, cans e organización.

Baixo estas adversas condicións climáticas destacou o lote propiedade de Juan Formoso Raposo composto polos cans “Cora, Lala, Toxo e Peca” adxudicándose o título de Campión Galego con 520 puntos. A tan so 10 puntos, con 510, o subcampionato era para Marcos Riobó Lamas cos cans “Brasa do Suido, Clarima do Suido, Claver do Suido e Diana”. Os cans “Pistón, Tina, Linda e Jara” propiedade de Jaime López Castro facíase co terceiro posto da clasificación final con 505 puntos.

O can “Pistón” propiedade de Jaime López Castro era galardoado como Mellor Can da proba cun total de 145 puntos.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes, entre as que se atopaba o presidente provincial da FGC en Pontevedra Francisco Couselo Castiñeira e o presidente da FGC Javier Nogueira Diz, puxo o punto e final a esta XXIII edición do Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza