Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DEBATE PARLAMENTARIO
Un paso adiante da nova Lei de Caza de Galicia
30/10/2013

A nova Lei de Caza foi debatida no Parlamento de Galicia

A xornada de onte día 29 de outubro, foi unha data moi destacada no futuro cinexético galego. A nova Lei de Caza de Galicia debatíase onte no Parlamento de Galicia e, tras ser rexeitadas as emendas á totalidade dos diferentes grupos parlamentarios, seguirá o seu trámite co visto bo do grupo político maioritario.

Este debate parlamentario, que sen dúbida marcará un antes e un despois no futuro da caza en Galicia, contou cunha ampla representación dos cazadores federados galegos formada pola comitiva da Federación Galega de Caza na que se atopaban os presidentes provinciais da FGC Francisco Couselo, Francisco López Penela e Antonio García Reinoso, os vogais da FGC Ramón Rodríguez Cobas e Nicolás Castro Rodríguez, o vicepresidente da Federación Galega de Caza José Luis Valcárcel e o presidente da Federación Galega de Caza Javier Nogueira Diz.

Comezaba o debate coa exposición da Lei por parte do conselleiro Medio Ambiente e Infraestruturas Agustín Hernández, durante o cal expresaba os puntos máis destacados desta nova Lei. Máis tarde eran os ternos dos portavoces do BNG, PSOE e AGE, que durante as súas exposicións rexeitaron na totalidade a nova Lei. Dicir que a FGC mantivo durante os derradeiros meses diferentes reunións con estes portavoces das diferentes forzas políticas da oposición e co grupo do PP, feito este que fixo que moitas achegas aportadas pola Federación se incluísen na nova lei e que se debaterán parlamentariamente na comisión.

Remataba o debate coa intervención do deputado do Partido Popular que fixo unha defensa e deu resposta as diferenzas existentes coas forzas da oposición con respecto a determinados puntos desta nova Lei .

A FGC saia do Parlamento de Galicia satisfeita polo traballo realizado nos derradeiros meses para acadar unha nova Lei de Caza de Galicia que potencie e mellore a actividade cinexética. Atrás queda aquel primeiro borrador que presentaba un texto moi prexudicial para a caza en Galicia para chegar a esta Lei, que se achega moito as peticións que a FGC fixo neste tempo e que agarda “pulir” ca regulamentación da mesma. A FGC quere facer unha mención especial ao papel decisivo que tivo o cazador, e deputado do Partido Popular, Miguel Prado quen, pola súa vinculación coa actividade cinexética, fixo unha aportación esencial a esta Lei.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza