Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAZA MENOR PONTEVEDRA
Millán Ucha revalida o título de campión provincial
5/11/2013

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can

O pasado sábado 2 de novembro disputouse nos terreos do Tecor pontevedrés de San Martín de O Grove, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de San Martín de O Grove.

A esta fase provincial acudiron un total de 12 cazadores, un campionato que estivo condicionado pola intensa choiva que dificultou a os participantes a obtención de capturas.

David Millán Ucha, actual campión galego da especialidade, obtivo o mellor resultado o acadar o revalidar o título de Campión Provincial con 350 puntos. En segunda posición remataba Julio González Souto con  tamén 350 puntos. A sorte fixo que Juan C. Blanco Pérez obtivera o terceiro posto da clasificación final.

No tradicional xantar de irmandade tivo lugar a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes entre as que se atopaba o Tesoureiro da Sociedade de Caza de San Martín de O Grove, o Concelleiro de Deportes de O Grove, o Comandante do posto da Garda Civil de O Grove, o Director da proba, o Vicepresidente de Competicións da FGC en Pontevedra e o presidente provincial da FGC en Pontevedra. Este último aproveitou a ocasión para facer mención aos logros acadados pola FGC en canto a nova Lei de Caza de Galicia debatida parlamentariamente a pasada semana así como o compromiso para que na vindeira edición do Campionato provincial de Caza Menor determinadas especies cinexéticas puntúen en dita proba.

Acudiran ao Campionato Autonómico da especialidade en representación de a provincia de Pontevedra os seguintes cazadores: Julio González Soto, Juan Carlos Blanco Pérez, Gustavo Martínez, Iván Moure González, Francisco Otero Regueira e Juan José Del Río Solla.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza