Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS OURENSE
Artemio Formoso é o campión provincial
18/11/2013

Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas

O pasado sábado 16 de novembro disputouse no Tecor San Trocado, sito no concello ourensán de San Amaro, unha edición máis do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

A diferenza do resto de campionatos provinciais da especialidade, semella que en Ourense a entrada de arceas non quixo ser efectiva e iso motivou a pouca caza avistada por parte dos 10 cazadores que tomaron saída nesta edición da fase provincial de caza de arceas.

Foi o cazador Artemio Formoso Barro o que se fixo co primeiro posto con 500 puntos converténdose no Campión Provincial de Ourense deste 2013 ao aportar unha arcea o control. A sorte fixo que o subcampionato era para Jose Carlos Otero Pérez e o terceiro posto recaía nas mans de Abel Andrés Otero.

A estes tres primeiros clasificados acompañaraos o cazador Roberto Miguélez Saínza, conformando a representación de Ourense para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza