Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO PONTEVEDRA
O equipo “Salnés 1” gaña o provincial
13/1/2014

Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo

O pasado sábado 11 de xaneiro disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de Caza de Raposo de Pontevedra organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración das Sociedades de Caza dos Tecores de Gondomarense, Serra do Galiñeiro, Tudense, Salceda de Caselas, Santa María de Xinzo e Santa Bárbara.

Á proba acudiron un total de 25 equipos que, ao longo da mañan, tentaron dar caza o astuto e abundante raposo nestes montes pontevedreses.

Foi o equipo “Salnés 1” o que conseguiu acadar o primeiro posto da clasificación xeral ao abater 2 raposos (1 macho e 1 femia) converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. Para coñecer o campión provincial fíxose preciso a realización dun sorteo xa que o segundo clasificado, o equipo “Os Colegas”, tamén conseguiu abater 2 raposos (1 macho e 1 femia). Completou o podio en terceira posición o equipo “Barusi” con 1 raposo (1 macho).

A estes 3 primeiros equipos clasificados engádeselles o equipo “Caselas 1”, conformando a representación da provincia de Pontevedra na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade.

Na entrega de premios interviñeron o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes do concello de Tui, Ángel Gutiérrez e o presidente provincial da FGC en Pontevedra, Francisco Couselo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza