Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO LUGO
“Os Fogueteiros” foron os campións
13/1/2014

Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo

O pasado sábado 11 de xaneiro disputouse o Campionato Provincial de Caza de Raposo de Lugo organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor Terra Cha.

Á proba acudiron un total de 25 equipos e, sen lugar a dúbidas, foi unha xornada cinexética extraordinaria, onde a abundancia de raposos foi a nota predominante, facendo que os equipos gozasen de un sen fin de lances. Ata 90 raposos foron avistados, ao longo da mañá, polo total de equipos participantes.

Foi o equipo “Os Fogueteiros” o que conseguiu acadar o primeiro posto da clasificación xeral ao acadar un total de 2.500 puntos converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. O segundo clasificado, foi o equipo “Mazandan”, con 2.000 puntos. “Os de Cela” subiron o terceiro posto da clasificación final con tamén 2.000 puntos.

Estes 3 primeiros equipos clasificados conformarán a representación da provincia de Lugo na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza