Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NOVA LEI
Apróbase a nova lei de tráfico, vital para as sociedades de caza
20/3/2014

Hoxe o Congreso dos Diputados aprobaba a nova lei estatal de tráfico e seguridade vial, moi agardada polas sociedades de cazadores galegas, dada a incorporación dunha reforma pola que as sociedades de caza só serán responsables dos accidentes sufridos coa fauna cinexética cando este sexa consecuencia directa dunha acción de caza colectiva sobre especies de caza maior levada a cabo o mesmo día ou que concluíra 24 horas antes do sinistro.

O grande número de accidentes de tráfico ocorridos con especies cinexéticas en moitos puntos da xeografía galega, facía perigar a supervivencia de moitas sociedades de caza galegas, dado o elevado custe que supoñía facerse cargo destes danos, e a consecuente suba do seguro do Tecor correspondente.

Trátase por tanto da culminación desta excelente nova para a caza en Galicia e que a Federación Galega de Caza xa veu adiantando nos pasados meses.

Rectificación da nota de prensa

Onde dí "levada a cabo o mesmo día ou que concluíra 24 horas antes do sinistro" debería decir "levada a cabo o mesmo día ou que concluíra 12 horas antes do sinistro". Inicialmente contemplábanse 24 horas pero finalmente o texto foi aprobado con 12 horas.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza