Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS PARADA OURENSE
Os gañadores foron Carlos Lalín con “Agra” en Británicos e Vicente Cortes con “Aris” en Continentais
14/4/2014

Campionato Provincial de Ourense de Cans de Parada

Na xornada de onte 13 de abril, disputouse no concello de Trasmiras o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Parada organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores Trasmiras.

Ata un total de 26 cans se deron cita nesta destacada cita, dos cales 21 correspondían a razas británicas e 5 a razas continentais. As diferentes presentación foron xulgadas polos xuíces Marcial Ramil Hermida e José Moure Caneda, destacando a extraordinaria calidade e puntuación con obtiveron moitos dos cans participantes.

En Razas Británicas o primeiro posto foi para o pontevedrés Carlos Lalín Ferreiroá coa cadela “Agra de Torres da Varela” (PH) que obtivo unha cualificación de 1ºEXC. Repetía Carlos Lalín en segunda posición con “Alba de Torres de Varela” (PH) con unha cualificación de 2ºEXC. O terceiro posto, e polo tanto Campión Provincial, era para o ourensán Iván López López con “Frouma do Fontelo”(SIH) con un 3ºEXC.

En Razas Continentais o campión foi Vicente Cortes Doce con “Aris de Polodarriba” (BH) cunha cualificación de 1º EXC. O segundo posto pera para “Piti” (GKH) propiedade de Andrés Pena Vázquez que obtivo unha cualificación de 2ºEXC.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza