Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERCORRIDOS DE CAZA
Roberto Rodríguez foi o Campión Galego nunha final moi disputada
19/5/2014

Campionato Galego de Percorridos de Caza en Río Sar

Na xornada de onte día 18 de maio disputábase a xa vixésimo sétima edición do Campionato Autonómico de Percorridos de Caza que era acollido nas extraordinarias instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar.

A este Campionato Galego acudiron un total de 72 tiradores, un número moi elevado que da un claro exemplo da paixón que esta competición esperta nos tiradores galegos. Un campionato disputado sen sobresaltos e que contou coa organización da Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Deportiva Río Sar.

Hora a hora os 150 pratos os que se enfrontaron os tiradores ían sobrevoando as instalacións de Río Sar. Uns pratos e campos de enorme beleza e dificultade que fixo as delicias dos tiradores participantes. E por iso que a directiva de Río Sar recibiu da man do presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, unha mención especial polo traballo e esforzo realizado para que este campionato fose todo un éxito.

Unha vez que rematou a proba os resultados da clasificación arroxaron un empate no primeiro posto a 135 pratos entre tres tiradores pontevedreses Roberto Rodríguez, Martín Baqueiro e Jose Da Silva. Completaba esta extraordinaria escuadra Elisardo Cea Cebreiro e José Carlos Álvarez Pazo que desempataban para o primeiro posto de veteranos ao acadar os dous 122 pratos.

A totalidade dos tiradores, o público, o Delegado Provincial de Tiro, Emilio Bolaño, o Delegado Autonómico, Antonio Toxa e o presidente da FGC Javier Nogueira non quixeron perderse un desempate que mantivo en vilo a tódolos alí presentes ata os derradeiros pratos nos que Roberto Rodríguez Fernández se facía, de xeito magnífico, con este título de Campión Galego. Mostra do disputada que estivo esta final foi que para coñecer o segundo e terceiro clasificado fíxose preciso ir á “morte súbita” na que Martín Baqueiro Villafines acadaba o subcampionato por diante do tirador José Da Silva Fernández.

No desempate de Veteranos impoñíase Elisardo Cea Cebreiro por diante de jose Carlos Álvarez Pazo. O terceiro posto desta categoría era para Juan Antonio Sánchez Mancebo.

En Xuvenís o campión era Daniel Vicente Pintus con  117 pratos e en Handisport Artemio Formoso Barro era o campión cun total de 119 pratos. E en Superveteranos Ángel Mosquera Rodríguez era o que accedía ao primeiro posto con 102 pratos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza