Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FESTA CAZA LUGO
Encontro cinexético en Portomarín
27/5/2014

Esta edición xuntou a máis de 300 cazadores

Juan Vecino en Rastro de Xabaril, Andrés Pena en San Huberto, Ángel Mosquera en Compak, e Iván López e Vicente Cortes en Caza Práctica; foron os Campións Provinciais desta déci oitava edición da Festa da Caza de Lugo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo.

A xornada, cargada de eventos cinexéticos, comezaba coas primeiras luces do pasado sábado 24 de maio nos montes do concello lucense de Portomarín.

No Campionato Provincial de Compak Sporting celebrado no campo de tiro eventual da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a 50 pratos participaron un total de 24 tiradores. Foi o tirador de A Coruña, Ángel Mosquera Cornide, o que con 48 pratos derribados acadou o primeiro posto da Clasificación Xeral e se convertía no Campión da proba. O lucense e polo tanto novo Campión Provincial Manuel Villar Arroyo acadaba o segundo posto con 46 pratos. José Antonio Vasconcellos Vicente con tamén 46 pratos era o terceiro clasificado. En Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso Barro con 43 pratos. En Superveteranos impoñíase o tirador Ángel Mosquera Rodríguez con 42 pratos. José González Yáñez con 40 pratos en Veteranos e Alejandro Fernández Seco con 39 en Xuveniles completaban o grupo de campións desta modalidade.

O XXIV Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica desenrolouse no Monte Castelo da parroquia de Vilaxuste en Portomarín participando un total de 39 cans, 35 en razas británicas e 4 en continentais. En Británicos foi “Fronma do Fontenlo” propiedade de Iván López López o que acadaba o primeiro posto con unha calificación de 1ºEXC. Pedro Rodríguez Sanjurjo con “Sol” remataba en segunda posición con un 2ºEXC. En Continentales a supremacía era para Vicente Cortes ao acadar o primeiro e segundo posto con “Aris de Poldarriba” 1ºEXC e “Denon de Mirandaola” Bo.

Na modalidade de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial puntuable para a Copa Galicia e a que acudían un total de 32 monteiros con 40 cans. Na fase final impoñíase o monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Vikingo” e 217 puntos. Na segunda posición atopábamos o cazador lucense Juan Fernández Vecino que co seu can “Kiry” era o novo campión provincial da modalidade con 213,5 puntos. Repetía en terceira posición Salvador Sestelo Núñez con “Clay” e 194 puntos. A selección provincial que representará a Lugo no vindeiro campionato galego estará formada por: Juan Fernández Vecino, Manuel Val Castro, Manuel Fernández Varela, Iván Fernández Fernández, Alejandro Río Campos, Jorge Cid Salgado, Iván Murado Pérez, Cristian Rego Alonso e José Quintela García.

Na XVIII edición do Campionato Provincial de Caza San Huberto acudiron un total de 12 cazadores lucenses para competir polo campionato provincial da modalidade. Na clasificación provincial foi o incombustible cazador Andrés Pena Vázquez que co seu setter “Rambo de Bosende” acadaba o título de campión provincial con un total de 68 puntos. O segundo posto era para Edelmiro Leira Pérez con “Verdi de Cumbraos” e un total de 48 puntos. Compretaba o podio o cazador Jorge Fernández Dobarganes con “Drago dos Potinhos” e un total de 42 puntos. A estes tres cazadores sumaránselles Camilo Taboada Piñeiro, Eduardo Blanco Mejuto e Ana Isabel Arbiol Ledesma conformando a selección lucense que representará a Lugo no vindeiro campionato autonómico da especialidade. Na participación “Libre” a victoria foi para Serafín Corral Vázquez con “Balu da Chousa” con 75 puntos. A segunda posición era para Nicolasa González Carrodeaguas con “Rin de los Aluches” e 71 puntos. Jorge Martín Sánchez con “Era da Chousa” era o terceiro clasificado.

Unha vez rematadas tódalas competicións, participantes, organización, público e autoridades desfrutaron dun xantar de irmandade na que se deron cita preto de 300 comensais.


 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza