Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO COELLO
Marcos González impúxose en A Baña
10/9/2014

Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado 6 de setembro disputouse no concello coruñés de A Baña unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro sobre coello organizada polo Clube dos Amigos dos Cans de Caza e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza e da Sociedade de Cazadores de “Sancan” de A Baña.

Na proba participaron un total de 19 cazadores cos seus respectivos lotes de cans que gozaron dunha extraordinaria xornada de competición na que o público asistente puido ver o traballo realizado polos diferentes cans no rastrexo dos coellos de monte.

Foi o lote de Marcos González formado por “Brisa”, “Barbie”, “Hana” e “Elkan” o que acadou o primeiros posto ao completar unha presentación cun total de 599 puntos. En segunda posición remataba o lote formado por “Lala”, “Cone”, “Lupita” e “Iran” propiedade de Juan Formoso Raposo con 585 puntos. O participante Carlos Casas Cambón obtiña a medalla de bronce co lote de beagles formado por “Eros”, “Sam”, “Tula” e “Era” con 571 puntos.

O premio o Mellor Can foi para “Brisa” propiedade de Marcos González con 155 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza