Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO COELLO PONTEVEDRA
O lote propiedade de Arosa Dasilva adxudícase o provincial
22/9/2014

Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello

O pasado sábado 20 de setembro disputouse no Tecor pontevedrés de A Fornelense a XX edición do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e  contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

Á proba acudiron un total de 20 participantes cos seus respectivos lotes de catro cans, sendo xulgados polos xuíces José Alonso Darriba, Roberto Carlos Costa Tellado, Alejandro González González e Jaime Villaverde Balado. Actuando como Director da Proba Nicolás Castro Rodríguez, Delegado da FGC de Cans de Rastro.

O lote de beagles “Lar”, “Lira”, “Chula” e “Miss” propiedade de Marcelo Arosa Dasilva foi o que se impuxo nesta edición do Campionato Provincial de Rastro de Coello ao obter unha puntuación de 540 puntos. En segunda posición situouse o lote composto por “Chispa”, “Tila”, “Rusi” e “Carina” propiedade de Carlos Martínez Búa e 510 puntos. No terceiro caixón do podio repetía Marcelo Arosa Dasilva co lote composto por “Ussa”, “Mica”, “Aton” e “Aldo” acadando unha puntuación de 505 puntos.

O can “Tila” propiedade de Carlos Martínez Búa con 150 puntos foi nomeado como mellor can da proba.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios na que interviñeron as autoridades alí presentes, entre as que se atopaba o presidente da Federación provincial Francisco Couselo e o presidente autonómico da FGC Javier Nogueira, puxo o punto e final a este campionato provincial de Pontevedra de Cans Rastro de Coello.

Queda todo emprazado para este sábado que se disputará, na localidade coruñesa de A Baña, o Campionato Galego de Cans de Rastro sobre Coello, que tera a estes tres primeiros lotes clasificados a representación da provincia de Pontevedra nesta destacada cita da competición cinexética.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza