Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CON DOUS RAPOSOS
O equipo "Silleda I", novo campión pontevedrés de caza do raposo
11/1/2016

Logo dunhas vésperas e unha noite anterior climatoloxicamente diluvianas que facían presaxiar o peor, o pasado día 9 de xaneiro, organizado pola Federación Galega de Caza de Pontevedra e tendo de punto neurálxico o Pavillón Polideportivo de  Ponte Caldelas,  disputouse o XXIII Campionato Provincial de Pontevedra de Raposo que tivo de escenario os  tecores de Ponte Caldelas, A Lama, Cotobade e Fornelos de Montes. A cita acudiron un total de 290 especialistas nesta modalidade, (había que dicir “valentes” dadas as adversidades climáticas imperantes), que  competiron entre ás 9 da mañá e 13,30 da tarde. Catro horas e media de exercicio nas que, a pesar desa climatoloxía negativa, levantáronse 32 raposos e capturáronse 9 individuos (oito femias e un macho).

De director da proba actuou Nicolás Castro e a clasificación nos catro primeiros posto quedou deste xeito:

  • 1º e Campión con dous raposos, cuadrilla  “Silleda I”
  • 2º e Subcampión con igual número de  pezas, “Cotobade I”
  • , “Armenteira”, tamén cun par de raposos
  • , “Os Colegas”, de Lalín, con un zorro (o único macho cobrado)

Estes catro serán os que representarán a provincia de Pontevedra no Galego da modalidade.

Comentar tamén, que logo de facer o reconto de pezas e un equipo veterinario levar a cabo un exhaustivo exame dos animais abatidos, levouse a cabo o tradicional   xantar de confraternidade, asistindo o mesmo os presidentes dos tecores anfitrións, así como varias autoridades locais, provinciais e autonómicas, cos presidentes federativos de Pontevedra, Francisco Couselo Castiñeiras e da Galega, Xavier Nogueira Diz, e mailo  Alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, presidindo a mesa. Logo da manduca e antes de procederse a clausura do evento,  entregóuselle uns agasallos a tódolos cazadores. Mentres os presidentes da sociedades que cederon os terreos recibían tamén un recordo. Seguidamente procedeuse a entregalos diplomas acreditativos e trofeos correspondentes aos gañadores. Clausurándose a continuación o evento.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza