Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS OURENSE
Jaime Pintos acadou o campionato
18/1/2016

Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas

No Tecor ourensán de Baltar disputouse a edición provincial do Campionato de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

O campionato resultou ser un éxito, tanto polo cambio de data de celebración, como polo Tecor elixido –o mellor da provincia para esta especie-, e mesmo pola climatoloxía que foi perfecta para a caza da arcea. A participación foi a maior dos últimos anos, con 14 cazadores inscritos que puideron gozar dunha excelente xornada de caza de arceas, na que se avistaron más de 10 pezas.

Foi Jaime Pintos Davila coa súa cadela “Hydra de Pasarin” o que, con unha arcea abatida, se fixo co título de campión provincial desta edición. O subcampionato recaeu en José Carlos Otero Pérez con “Luna da Lobada” namentres que o terceiro posto era para Jesús Muñoz Martínez con “Mara”.

A selección de Ourense que participará no vindeiro autonómico da especialidade será representada polos tres primeiros clasificados mais Roberto Miguelez Sainza con “Luna” e Artemio Formoso Barro con “Tuka”.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza