Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ADMITIDAS E EXCLUIDAS
Publicadas as solicitudes recibidas para obter subvencións ao desenvolvemento de actividades deportivas
9/2/2016

O pasado xoves 4 de febreiro publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de emenda presentadas ao abeiro da Resolución do 5 de novembro de 2015 pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Os interesados poderán formular reclamacións, emendar erros e falta de do­cumentación nun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante os respectivos servizos provinciais de deportes. Transcorrido este prazo sen que se emenden as deficiencias, considerarase que o interesado desiste da súa petición, logo da resolución ditada nos ter­mos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A listaxe pódese consultar en http://deporte.xunta.gal/index.php?idMenu=67&int1=2905&idIdioma=2

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza