Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMPAK SPORTING CORUÑA
Roberto Rodríguez imponse en Río Sar e Daniel Cebreiro é o campión provincial
4/4/2016

O pasado domingo 3 de abril, disputouse o Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting no Campo de Tiro Río Sar, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

Á proba acudiron máis de 40 tiradores que tentaron escachar o maior número de pratos posibles dos 100 aos que se enfrontaron durante toda a xornada e en diferentes campos. 

Foi o tirador chegado de Pontevedra, Roberto Rodríguez Fernández o que se impuxo na clasificación final con 84 pratos derribados. O subcampionato e o título de Campión Provincial foi para Daniel Cebreiro García que rematou a xornada con 82 pratos escachados e superando ao tirador Ángel Mosquera Cornide que acadaba a medalla de bronce con 81 pratos.

Na categoría de veteranos o tirador Ángel Vidal Quintela con 76 pratos escachados foi o que acadou o primeiro posto, namentres que na categoría de superveteranos facía o mesmo o participante Jose M. González Rodríguez con 61 pratos derribados.

Na categoría de Handisport o gañador era Artemio Formoso Barro con 76 pratos escachados. E en Xuvenís o campión era Alejandro Fernández Seco con 70 pratos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza