Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ANTE A LEI DE PATRIMONIO
A Oficina Nacional de la Caza súmase á plataforma en defensa da pesca
14/4/2016

A Oficina Nacional de la Caza, la Conservación y el Desarrollo Rural (ONC) sumouse á Plataforma en Defensa da Pesca promovida pola Federación Española de Pesca e Casting. Desta forma, a ONC sitúase, xunto a pescadores e cazadores, solidarizándose con todos os afectados pola irracionalidad dalgúns artigos da Lei de Patrimonio Natural e da Biodiversidade, especialmente os que afectan á pesca e a caza.

Así o explica o presidente da ONC, Juan Antonio Sarasketa, no escrito enviado aos responsables da Plataforma, no que como principal colectivo representativo dos cazadores en España cualifica de inaceptables os termos da lei que afectarán os colectivos de pescadores e cazadores. En concreto, esta norma inclúe no Catálogo de Especies Invasoras á carpa e a troita arco iris, así como ao arruí en todo o territorio español e o muflón en Canarias.

Máis aló disto, sinala o presidente da ONC, esta entidade solidarízase con todas aquelas empresas e miles de traballadores que ven perigar os seus postos de traballo como resultado dunha sentenza que dá a razón ás demandas de grupos ecoloxistas.

Ante esta situación a Oficina Nacional da Caza comprométese a colaborar coa Plataforma en Defensa da Pesca en todas aquelas accións encamiñadas a modificar esta lei, a devolver a dignidade ao sector da pesca e cinexético, a defender a actividade económica de empresas e os seus traballadores e en definitiva para devolver o sentido común aos nosos ecosistemas acuáticos e terrestres

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza