Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XX FESTA DA CAZA DE LUGO
Portomarín acolleu a vixésima Festa dos cazadores lucenses
30/5/2016

A XX edición xuntou a máis de 300 cazadores

José Manuel Fernández en Rastro de Xabaril, Eduardo Blanco en San Huberto, Artemio Formoso en Compak e Percorridos e Javier Álvarez e Vicente Cortes en Caza Práctica; foron os Campións das Probas e Campións Provinciais desta vixésima edición da Festa da Caza de Lugo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo.

A Festa, cargada de eventos cinexéticos, comezaba na xornada do sábado 28 de maio coa celebración da competición de Compak Sporting para rematar o domingo 29 coa desputa das disciplinas de Rastro de Xabaril, Cans de Parada, Percorridos de Caza e caza San Huberto; todo elo nos montes do Cristo e do Castelo situados no concello lucense de Portomarín. A diferencia do ocorrido en edicións anteriores, o mal tempo quixo estar presente nesta XX edición facendo máis complexa ainda a organización desta Festa da Caza que apesar de iso foi un exito de participación e de público asistente.

No Campionato Provincial de Compak Sporting celebrado no campo de tiro eventual da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a 50 pratos os preto de 20 tiradores participantes tentaron facer o maior número de pratos escachados. Foi o tirador lucense, Artemio Formoso Barro, o que con 44 pratos derribados acadou o primeiro posto da Clasificación Xeral e se convertía no Campión Provincial. O segundo posto era para o tirador de Pontevedra, José Antonio Vasconcellos Vicente con tamén 44 pratos. Con tamén 44 pratos remataba na terceira posición desta edición número vinte Constantino Vilar Rodríguez. En Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso. En Xuveniles impoñíase o tirador Antón Moure Segade namentras que en Donas o primeiro posto era para Mª Mercedes Saavedra. Eliseo Faraldo en Veteranos completaba o grupo de campións desta modalidade. A Selección Provincial quedaba composta por: Artemio Formoso, Constantino Vilar, Vicente Insua, Juan Carlos Bande, Mario González, Jorge Vázquez, Manuel Villar, Antón Moure, José González e Mª Mercedes Saavedra.

Campionato Provincial de Percorridos de Caza celebrouse nos terreos da Sociedade de Cazadores de San Nicolás, disputado a un total de 100 pratos con moi diversos postos de tiro e traxectorias. Foi o tirador Artemio Formoso Barro o que tamén se impoñía nesta disciplina con 88 pratos facéndose co primeiro posto da Clasificación Xeral e Campión Provincial. O segundo posto era para o tirador Felipe Lago Oliveira de pontevedra con 83 pratos, José Ramón Conde Mouriño con 81 obtiña a medalla de bronce. En Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso. En Superveteranos impoñíase o tirador Nicolás Rivas García. José González Yáñez en Veteranos,  Alejandro Fernández Seco en Xuvenís e María Mercedes Saavedra en Damas completaba o grupo de campións desta modalidade. 

O XXV Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica desenrolouse no Monte Castelo da parroquia de Vilaxuste en Portomarín, participando 31 cans en Razas Británicas e 5 en Continentais. En Británicos foi “Carpin de Ademar” propiedade de Javier Álvarez de Santamarina o que acadaba o primeiro posto cunha calificación de 1ºEXC. Andrés Pena con “Jumper de Bosende” remataba en segunda posición con un 2ºEXC. Cun Moi Bo situábase en terceira posición “Early-I” de Pedro Rodríguez Sanjurjo. En Continentales a supremacía era para Vicente Cortes ao acadar o primeiro posto con“Mai de la Judería” 1ºEXC e o segundo con “Denon de Mirandaola” cun MB.

Na modalidade de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, disputábase unha edición máis do Campionato Provincial puntuable para a Copa Galicia e á que acudían máis de 40 cans. Na fase final impoñíase o monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Vikingo” con 225,5 puntos. Na segunda posición remataba o lucense José Manuel Fernández Fernández con “Pirulo” converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade con 201 puntos . Xa na terceira posición situábase Francisco Rodeiro Eiras con “Rato” e 199,50 puntos. A selección provincial que representará a Lugo no vindeiro campionato galego estará formada por: José Manuel Fernández, Martín Martínez, Xosé Otero, Luis Otero, Mikel Otero, Jorge Cid, Juan Fernández, Santiago Varela e José Quintela.

Na XX edición do Campionato Provincial de Caza San Huberto foi o cazador Eduardo Blanco Mejuto co setter inglés “Olfo da Seara” o que gañaba o título de Campión Provincial, o campión da proba era Juan Carlos Arteche Castillo co setter “Tila de Vilar de Donas” namentras que Marcos Estevez Rivas era o terceiro clasificado co tamén setter inglés “Tuto de Bezana” . Os cazadores Eduardo Blanco, Antonio Costa, José Ignacio, José María Carnota e Andrés Pena conforman a selección lucense que representará a Lugo no vindeiro campionato autonómico da especialidade.

Unha vez rematadas tódalas competicións, participantes, organización, público e autoridades gozaron dun xantar de irmandade na que se deron cita preto de 300 comensais.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza