Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
E DE CAZA QUE?
Só PP, PSOE e o Grupo Mixto do Parlamento responderon á chamada da FGC
31/8/2016

Con motivo das próximas Eleccións Autonómicas, a Federación Galega de Caza (FGC) ven de por en marcha a campaña “E de caza que?”, coa que se pretende coñecer a opinión e as perspectivas dos diferentes grupos políticos sobre a Caza en Galicia. 

Unha das accións desta campaña era poñerse en contacto cos diferentes grupos parlamentarios para convidalos a unha xuntanza aberta cos cazadores para así coñecer a súa postura sobre a actividade cinexética e tamén o seu programa electoral sobre esta actividade.

A FGC remitiu a comezos do mes de agosto unha carta a tódolos grupos parlamentarios, poñéndoos en coñecemento desta campaña e convidándoos a formar parte dela. Rematado o mes, só tres dos cinco grupos parlamentarios responderon a esta chamada: PP, PSOE e o Grupo Mixto.

No obstante, e dada a actual disolución das cortes debido ao proceso electoral, estas respostas foron meramente de trámite e quedaron a expensas dunha resposta por parte da dirección do partido –no caso do PSOE- e da realización dunhas primarias do partido político En Marea –no caso do Grupo Mixto-.  Nin AGE nin BNG responderon sequera á mensaxe da FGC.

A campaña “E de caza que?” seguirá activa ao longo das vindeiras semanas toda vez se intensifique a actividade electoral na nosa comunidade, co fin de trasladar as cuestións cinexéticas ao debate político.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza