Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SILVESTRISMO
A ONC apoia a manifestación en defensa do silvestrismo de Barcelona
22/9/2016

A Oficina Nacional de la Caza, la Conservación y el Desarrollo Rural (ONC) súmase á manifestación que convocou a Federación Catalana de Caza en defensa do silvestrismo. Unha manifestación que se celebrará o próximo 1 de outubro en Barcelona e que pretende denunciar a negativa do Goberno catalán a conceder autorizacións para capturar paxaros cantores.

A ONC segue traballando a favor desta práctica tradicional, e considera inadmisible unha actitude como a do executivo catalán, que prexudica a miles de afeccionados amparándose nun proceso aberto en Europa cuxa tramitación se está iniciando, cuxo resultado descoñecemos e cuxa resolución se antolla moi afastada. En todo caso, desde un punto de vista legal, non pode servir de escusa para unha prohibición que cerna os dereitos e a liberdade de miles de cidadáns, quen practica unha actividade inocua e medioambientalmente sustentable.

Hai que lembrar que este ano a Generalitat de Cataluña decidiu unilateralmente non dar autorizacións excepcionais para capturar paxaros cantores como "medida cautelar" pola apertura dun procedemento de información da Unión Europea contra o Estado Español, a pesar de que no resto das autonomías concederon, con absoluta legalidade, as autorizacións excepcionais.

A manifestación comezará ás 9 da mañá no Parlamento de Cataluña (parque da Ciutadellla) e o obxectivo da mesma é defender os dereitos dos silvestristas e tratar de revogar esta inxusta decisión.

Dada a situación que atravesa o silvestrismo, con ataques desde diversos ámbitos nas comunidades onde, precisamente, ten máis tradición, a ONC, promotora da Plataforma en Defensa do Silvestrismo, considera que chegou o momento de dar un paso á fronte para tratar de frear canto antes o que xa parece unha tendencia consolidada.

É por iso que animamos a todas as entidades cinexéticas, cazadores e silvestristas a sumarse a esta manifestación pola liberdade. Porque hoxe é o silvestrismo, onte a pesca e mañá pode ser calquera das nosas tradicións.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza