Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO FIELD TARGET
Oscar Cordeiro en Pistón e Andrés Galdo en PCP foron os Campións Galegos en Rábade
7/3/2017

O pasado domingo 5 de marzo o concello lucense de Rábade acollía a primeira edición do Campionato Galego de Field Target organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Asociación Galega de Tiro de Campo.

Tiradores chegados dende diferentes puntos da xeografía galega disputaban en Rábade o pasado 5 de marzo os títulos de campións galegos nas categorías de Pistón e PCP. 

Apesares de que a climatoloxía, moi importante no desenrolo desta disciplina, non acompañou aos tiradores nos primeiros intres da competición os diferentes participantes amosaron ao público existente un nivel alto de precisión no tiro ao enfrontarse a 50 siluetas distribuídas en 25 “calles” e a unhas distancias de tiro de ata 50 metros.  

O vento dificultou, durante toda a competición, as reglaxes que os tiradores tiñan que facer nos seus visores facendo máis complexo se cabe impactar na “Kill zone” das siluetas que en moitos casos non acada os 15mm de diámetro.

Na categoría de Pistón o primeiro clasificado e polo tanto campión galego foi Oscar Cordeiro Tobio con 27 puntos. Con 18 puntos o segundo caixón do podio era para Antonio López-Niño Pérez. A medalla de bronce era para o tirador Antonio Paz Fernández con 14 puntos.

Na modalidade de PCP o título de campión galego era para Andrés Galdo Gato con 38 puntos. Antonio López Figueroa facíase coa prata con 36 puntos. A tan so 1 punto, con 35, remataba en terceira posición Luis Gutierre Merayo.

A entrega de premios e un xantar de clausura puxo o punto e final a esta primeira edición do Campionato Galego de Field Target na que os diferentes tiradores participantes estiveron acompañados por diferentes representantes federativos entre os que se atopaba o presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo; o vicepresidente da FGC de Pontevedra Alejandro Carregal; o secretario da FGC de Lugo, José Manuel Vidal; o coordinador de competicións da FGC José María Álvarez; o delegado de Tiro da FGC, Antonio Toxa e o presidente da FGC Javier Nogueira. Por parte da Administración destacar a presenza de Margarita López Blanco Xefa Territorial de Medio Ambiente en Lugo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza