Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
FESTA CAZA LUGO
Portomarín acolleu un ano máis a Festa da Caza de Lugo
2/6/2010

O pasado 30 de maio tiña lugar a décimo sexta edición da Festa da Caza de Lugo, que se celebra cada ano o derradeiro domingo de maio. Portomarín acollia unha vez máis esta festa que reúne os Campionatos Provinciais de varias modalidades nun só dia.

José Manuel Yáñez Castro é o novo Campión Provincial de Cans de Rastro de Xabaril

Na modalidade de Rastro de Xabaril celebrábase o XII Campionato Provincial, onde o gañador da proba era Álvaro Fontenla Filgueira con “Terco”, da provincia de Pontevedra. O segundo clasificado era José Manuel Yáñez Castro con “Ron”, primeiro participante da provincia de Lugo e polo tanto Campión Provincial da mesma. O terceiro posto era para Rafael Sante Riopedre con “Tizón”, tamén da provincia de Lugo.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE RASTRO DE XABARIL
Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
José Manuel Yáñez Castro Ron  
Rafael Sante Riopedre Tizón  
Juan Fernández Vecino Luna  
Alejandro Rio Campos Zar  
Albano Pérez Labayén Sena  



René Vale García, con “Top”, gaña o Campionato Provincial de San Huberto

Na modalidade de San Huberto celebrábase o XV Campionato Provincial onde o gañador absoluto da proba era René Vale García con “Top” (SIM), quen se proclamaba Campión Provincial. O segundo clasificado na proba  era Rubén Boquete Varela con “Acio” (SIM), da provincia de A Coruña. Terceiro foi Andrés Pena Vázquez con “Rambo” (SIM), segundo clasificado provincial.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE SAN HUBERTO
Pos Participante Can (Raza/Sexo)
René Vale García Top Du Val D’Eautan (SIM)
Andrés Pena Vázquez Rambo de Bosende (SIM)
Eduardo Blanco Mejuto Marqués (PM)
José Ignacio Pérez Pérez Zar (PM)
Manuel Ángel Varela Sar Cúper (Perdiguero)



Andrés Pena Vázquez, con “Rambo”, gaña o XXII Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica

Na modalidade de Caza Práctica celebrábase o XXII Trofeo Cidade de Lugo, proba puntuable para a Copa Galicia da modalidade. O gañador da proba era Andrés Pena Vázquez, da provincia de Lugo, co seu can “Rambo de Bosende”  que acadaba un Excelente. Segundo clasificado era o participante da provincia da Coruña José Sanmartin Pérez con “Ja da Chousa” cunha calificación de “Moi bo”. O terceiro posto era para Antonio Vilar Vigo, tamén da provincia da Coruña, quen con “Nei da Chousa” acadaba unha calificación de “Moi bo”

TROFEO CIDADE DE LUGO DE CAZA PRÁCTICA
Pos Participante Can (Raza/Sexo)
Andrés Pena Vázquez Rambo de Bosende
José Sanmartín Pérez Ja da Chousa
Antonio Vilar Vigo Nei da Chousa
Lorenzo Pazos Maco
Antonio Vilar Vigo Atos da Chousa



Manuel Villar Arroyo proclámase Campión Provincial de Percorridos de Caza

Na modalidade de Percorridos de Caza disputábase o XV Campionato Provincial, que se disputaba sobre 100 pratos. O gañador absoluto da proba era José Antonio Vasconcellos Vicente, da provincia de Pontevedra, que escachaba 88 pratos. O segundo posto era para Roberto Rodríguez Fernández, tamén da provincia de Pontevedra que escachaba 88 pratos. Terceiro clasificado e primero da priovincia era Manuel Villar Arroyo, que remataba a proba con 86 pratos escachados.

Na categoría de damas a gañadora da proba era Josefa Mariño Estévez, da provincia de Pontevedra que escachaba 54 pratos; en veteranos gañaba Emilio José López Mosquera, con 76 prato escachados.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE PERCORRIDOS DE CAZA
Pos Participante Pratos escachados
Manuel Villar Arroyo 86
José González Yáñez 76
 

GALERIA DE FOTOS:

XIV Festa da Caza de Lugo
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza