Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Descargar en PDF Imprimir
ORDE VEDAS
Acordos do Comité Galego de Caza
10/6/2010

O martes 8 de xuño tiña lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “orde de vedas” que regule os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a inminente tempada de caza.

Dito Comité está formado polos diferentes representantes dos cazadores galegos, ecoloxistas e administración, todos eles baixo a presidencia de Ricardo García-Borregón Millán, Director Xeral de Conservación da Natureza.

Estas son as datas propostas polo Comité, sendo á Consellería do Medio Rural a quen corresponde aprobar a correspondente orde.

Período hábil con carácter xeral Dende o 17 de outubro ata o 6 de xaneiro
Días hábiles con carácter xeral Xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou  autonómico
Adestramento de cans Dende o 2 de setembro ao 16 de outubro xoves, sábados, domingos e festivos. Do 17 de outubro ata o 6 de xaneiro xoves, domingos e festivos

CAZA MENOR
Arcea e Agacha Dende o 17 de outubro ata o 6 de xaneiro. Tecores con plan aprobado ata o 6 de febreiro
Lebre Dende o 17 de outubro  ata o 5 de decembro en terreos de réxime cinexético especial
Raposo En ganchos dende o 29 de agosto ata o 6 de febreiro. Tódalas modalidades dende o 17 de outubro o 6 de xaneiro
Paspallás Tempada hábil xeral. Nos Tecores da antiga lagoa de Antela, dende o 21 de agosto ata o 12 de setembro (sábados e domingos)
Pombo torcaz Tempada hábil xeral. Nos Tecores da antiga lagoa de Antela, dende o 21 de agosto ata o 12 de setembro (sábados e domingos)
Aves Acuáticas Período hábil xeral
Outras especies No caso dos tordos en periodo hábil xeral. Nos Tecores incluídos nos concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, O Rosal e Tui increméntase este periodo ata o 30 de xaneiro.

CAZA MAIOR
Corzo En axexo dende o 1 de abril ata o 31 de julio solo machos. En gancho, montería e axexo dende o 29 de agosto ata o 16 de octubre para os machos e dende o 26 de setembro ata o 16 de outubre máis o 23 de outubro para as femias
Xabaril Dende o 29 de agosto ata o 30 de xaneiro
Cervo, Gamo e Muflón En axexo dende o 12 de setembro ao 10 de outubro. Gancho e montería do 10 de outubro ao 20 de xaneiro
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza