|
| Novas |
Imprimir Enviar por email |
| RASTRO XABARIL | | | 10/7/2010 | Os mellores monteiros galegos dábanse cita o pasado sábado -10 de xullo- para disputa-la final do campionato Galego de Rastro de Xabaril, clasificatorio para a formación da selección galega que acudirá o vindeiro 18 de setembro a Sabiñánigo (Huesca) para disputa-lo campionato de España.
A competición, na que tomaban parte 34 cazadores de toda a comunidade, tiña por escenario os preciosos paraxes do tecor da sociedade de cazadores A Tomiñesa. O campionato que comezaba ás 9,30 horas desenvolvíase en dous campos, dos que pasaban á final os seis mellores monteiros de cada campo. A final, a dicir de tódolos participantes, foi durísima, o día extraordinariamente caluroso dificultaba a actuación dos cans, e a maiores o rastro estaba moi duro.
O cazador pontevedrés, Álvaro Fontenla Filgueira, da sociedade de caza Pequenos Monteros, que competía co can Terco, de raza griffón azul, proclamábase campión absoluto con 185,5 puntos
Subcampión e medalla de prata, con 183 puntos, foi, o cervense, Benjamin Puente, da sociedade de caza Azor, que participaba con Pol, un cruce de sabueso.
A medalla de bronce era para o cazador de Oroso, José Manuel Barreiro, da sociedade de caza Riberas do Tambre, que competía co sabueso Brus (166 puntos).
A proba foi xulgada polos árbitros da Federación Galega de Caza José Barreiro, Raúl Cartea, Honorato Martínez e Santiago Vigo.
A organización correu a cargo da Federación Galega de Caza, en colaboración coa Federación Provincial de Pontevedra e coa sociedade de cazadores A Tomiñesa.
| Pos |
Participante |
Can (Raza/Sexo) |
Puntos |
| 1º |
Alvaro Fontenla Filgueira |
Terco |
185,5 |
| 2º |
Benjamín Puente Elemparte |
Pol |
183 |
| 3º |
José M Barreiro Rivadas |
Brus |
166 |
| 4º |
José Pedre Pernas |
Ney |
164,5 |
| 5º |
Generoso Aragunde Abalo |
Sofi |
164,5 |
| | | |
|
GALERIA DE FOTOS: Campionato Galego de Rastro de Xabaril 2010 |
|