O pasado 15 de xaneiro celebrábase o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo, que tiña lugar nos de A Lama, A Laxe, A Peneda, Cotobade, Coto Suído, Covelense, Fornelense, Mondarizana, O Coirego, Pazos de Borbén, Pestica, Ribadetea – Padróns, San Bernabé de a Graña, Traspielas, Verdeseixo e Xesta - Seixido, e que organizaba a Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coas sociedades titulares dos citados tecores.
Participaban na proba un total de 46 cuadrillas de toda a provincia, resultando gañadora “Lanzada 2” ao capturar 3 raposos. A cuadrilla “Lanzada 6” remataba no segundo posto con 2 raposos cobrados. Os mesmos capturaba a cuadrilla “Montes de Arousa 3”, que remataba no terceiro posto.
As catro primeiras cuadrillas clasifícanse para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.
| Pos |
Cuadrilla |
Capturas |
| 1º |
Lanzada 2 |
3 raposos |
| 2º |
Lanzada 6 |
2 raposos |
| 3º |
Montes de Arousa 3 |
2 raposos |
| 4º |
Silleda |
1 raposo |
| 5º |
San Huberto 2 |
1 raposo |