Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NOVO REGULAMENTO ARMAS
A RFEC presenta alegacións á nova modificación do regulamento de armas
29/4/2011

En relación ás partes referidas á renovación da licenza de armas e a custodia da arma por parte do propietario

Tras descartar, a causa do grande rexeitamento por parte do sector da caza, o texto redactado a finais de 2010 e que pretendía modificar en gran medida o actual regulamento de armas aprobado polo Real Decreto 137/1993, o Ministerio do Interior presentou nos pasados días un novo texto que unicamente adapta o actual regulamento á nova Directiva Europea de Armas.

Ao tratarse dunha mera adaptación ás Directivas comunitarias, a Federación atopa este texto acertado e, sen embargo considera igualmente necesario realizar algunhas alegacións ao regulamento, especialmente na concesión e revogación de licencias de armas, ademais dunha nova redacción do texto relativo á seguridade e custodia de armas.

O escrito coas alegacións foi remitido polo Presidente da RFEC, Andrés Gutiérrez Lara, o pasado 19 de abril.

Ver escrito coas alegacións
Ver proxecto de modificación do regulamento de armas

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza