Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
APRAZAMENTO XABARIL MONTE
O equipo gañador foi o formado por Guillermo Barreira, Pablo López e Antón Arrojo
6/5/2011

Modalidade aprazamento a traela xabaril de monte

O pasado 30 de abril, disputábase a III edición da Proba de Cans de Rastro modalidade Aprazamento a Traela Xabaril de Monte organizada pola Sociedade de Caza “Pazos de Borbén” en colaboración coa Federación Galega de Caza de Pontevedra e as Sociedades de Caza “Traspielas”, “A Peneda”, “A Fornelense”, “Ribadetea-Padróns”, “Gargamala” e “Mondarizana”.

A concentración tiña lugar as 7.00 horas e dende alí, os 20 equipos participantes compostos por tres monteiros cada un co seu can, partían para a zona de monte asinada por sorteo en días atrás.

Comentar que o día presentou unha climatoloxía idónea para o bo traballar de cans e monteiros e a existencia de rastros en case as 20 manchas deseñadas para a ocasión. Os apraces dos primeiros postos resolvéronse moi rápido, case na primeira hora do comezo da proba. Ditos apraces tiveron lugar en montes baixos e altos, con matorrais de silveiras, toxeiras e xesteiras.

Algúns dos apraces foron falidos despois da comprobación dos xuíces, e ata as 8:34 horas non tivo lugar o primeiro aprace exitoso levado a cabo polo equipo lucense composto por Guillermo Barreira con “Rex”, Pablo López con “Seixo” e Antón Arrojo con “Sol” o que os converteu no equipo gañador. No segundo posto situouse o equipo formado por  Álvaro Mourelle con “Lontra”, Sergio Nanto con “Blas” e Fernando Blanco con “Toño”. Completou o podio o equipo de Antonio González, Rafael Castro e Miguel Domínguez.

Dende a organización queren facer un agradecemento as preto das 30 persoas das Sociedades de Caza que colaboraron para levar a cabo esta proba, así como a cesión dos terreos dos Tecores por parte de ditas sociedades. Agradecemento tamén os xuíces, Javier Nogueira, Juan Alonso, Antonio Pensado, Álvaro Fontenla, Honorato Martínez, Antonio Sánchez e Roberto Carlos. Os participantes pola súa participación e o seu comportamento exemplar. Así como as traballadoras da  Federación de Caza de Pontevedra, e ao Restaurante “Casa Chalán”.

Dende a Sociedade de Caza de Pazos de Borbén desexan emprazar a todos amantes dos cans de rastro para a vindeira edición dunha proba que conta ano tras ano con maior interese e participación.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza