Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PERCORRIDOS CAZA CORUÑA
Antonio Iglesias Otero, gañador provincial
19/5/2011

Participaron un total de 48 tiradores

O pasado día 15 de maio, disputábaseno Campo de Tiro Río Sar da Sociedade Deportiva Río Sar, o Campionato Provincial de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña xunto coa colaboración de dita Sociedade Deportiva.

A proba disputouse sobre un total de 100 pratos e a ela acudiron un total de 48 tiradores que foron xulgados polos árbitros: Manuel Pérez Fernández, Leonardo García Otero, Emilio Romero Castro e Ricardo Rivera López.

Unha vez que os tiradores percorreron as 4 canchas das que contaba este Campionato Provincial e reunido o Xurado de Competición integrado por Pedro Nieto, José Sánchez e polo Director da proba José Sánchez Brea a clasificación quedou do seguinte xeito.

Antonio Iglesias Otero da Sociedade Río Sar, cun total de 83 pratos escachados foi o gañador absoluto desta edición converténdose deste xeito no Campión Provincial da modalidade. Na segunda posición situouse, a tan so dous pratos de Iglesias Otero e polo tanto con 81 pratos escachados, Martín Baqueiro Villafines. Completou o podio José Luis Sánchez Mancebo na terceira posición e un total de 79 pratos escachados.

Na categoría de veteranos impoñíase Antonio Castro Ferreiro cun percorrido no que acadaba escachar un total de 69 pratos. Ángel Mosquera Cornide foi o gañador na categoría de superveteranos cun total de 74 pratos escachados. En xuvenís o gañador foi José Manuel Torres Parada ao derribar un total de 37 pratos.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza